Publicidad

Fene celebra este xoves o Día do Libro cunha actividade de contacontos para os peques

FERROL360 | Martes 19 abril 2016 | 16:40

Os contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo están en Contiario, un dos espectáculos de Os contos de Pablísimo, que chegará este xoves á Biblioteca municipal de Fene para celebrar o Día do Libro. A actividade, pensada para nenos e nenas de 4 a 10 anos, será ás 18.00 horas.

En Contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos e adiviñas, entr outros. A entrada para asistir a esta sesión é de balde ata completar aforo.

A actividade enmárcase no programa «Ler conta moito», que organiza a Concellería de Cultura e Ensino de Fene.