FERROL360 | Venres 18 setembro 2015 | 12:50
A VII Edición da Feira Multisectorial do Comercio de Fene chega este domingo á rúa San Salvador, en Perlío, no entorno da Praza do Perla. Os comerciantes poñerán á venta os seus productos nunha carpa que estará aberta en horario de 10:00 a 20:00 horas.
Os visitantes poderán mercar roupa e calzado, ademais poderán botar un ollo ós vehículos de ocasión de varias empresas de automoción de Fene. Esta é unha novidade na Feira Multisectorial do Comercio.
César Castro, concelleiro de Promoción Económica, asegura que «a variedade está garantida nesta Feira e será un importante atractivo da mesma». A cita está organizada pola Asociación de Comercio, Hostelería e Servizos «O Cruceiro» en colaboración co Concello de Fene.
Debate sobre el post