Publicidad

Fene conmemora este luns o Día do Teatro co espectáculo «Conto Express»

FERROL360 | Domingo 29 marzo 2015 | 19:11

O Concello de Fene conmemora o Día Mundial do Teatro coa representación do espectáculo Conto Express, a cargo do grupo Sarabela Teatro. A cita será este luns na Biblioteca Pública Municipal Xosemaría Pérez Parallé, a partires das 12:00 horas.

Trátase dunha proposta teatral para todos os públicos, aínda que dirixida preferentemente a nenos de tres e a nove anos. Ao longo de 45 minutos, os asistentes verán como Ranpunzel e Grettel Chanetti chegan en bicicleta con contos express e precisarán da colaboración do público para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas.

E xa de sobremesa, suxestivos petiscos doces,tirados do libro Contos silenciosos. A actividade forma parte do programa «Ler conta moito». Un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración coas entidades locais.

Con esta programación, a Xunta de Galicia pretende contribuír á promoción da lectura como un vehículo de enriquecemento e de aproveitamento persoal, ofrecendo espazos de encontro para descubrir e compartir.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa