Publicidad

Fene conta ata setembro cunha oficina turística do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas

FERROL360 | Martes 25 xullo 2017 | 13:32

O 15 de xullo abriu ao público a oficina de turismo do xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, dende a que se facilita información sobre os atractivos e os equipamentos turísticos desde Ares até Mañón.

Ata o 14 de setembro, a oficina prestará servizo na caseta situada na avenida Naturais de Fene en horario de mañá e tarde durante toda a semana agás o domingo pola tarde e o luns durante todo o día.

A oficina está atendida por unha Técnica superior en Información turística contratada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrol, a través dunha subvención da Axencia Turismo de Galicia, cuxa misión principal é ofrecerlles información do destino aos visitantes.

O horario habitual de apertura será de martes a domingo de 20:30 a 13:50 horas, e de martes a sábado de 17:00 a 20:30 horas.