Publicidad

Fene cubre todas as prazas para o obradoiro infantil de cociña entroideira

FERROL360 | Mércores 3 febreiro 2016 | 17:59

Trinta peques participarán o vindeiro luns no obradoiro de Cociña Entroideira, que se celebrará nas instalacións do CCRD de Perlío a partir das 18:00 horas. A actividade, organizada pola Concellería de Cultura e Ensino de Fene, está dirixida a nenos e nenas escolarizados en educación primaria e terá unha duración de dúas horas.

Os participantes neste obradoiro traballarán aspectos coeducativos e aprenderán a facer tres receitas de Cociña Entroideira cos materiais que lles proporcionarán as monitores.