FERROL360 | Venres 8 abril 2016 | 10:23
A piscina municipal de Centieiras, en Fene, acollerá un bautismo de mergullo adaptado. A actividade será este sábado, en horario de 17:00 a 18:30 horas, e está organizada pola concellería de Deportes de Fene en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas, o club fenés CAS Nautilus e a asociación Aspaneps Fene.
Trátase dunha xornada de achegamento inicial a este deporte no que os participantes poderán experimentar a sensación de estar debaixo da auga, de xeito divertido e seguro, cun equipo de mergullo autónomo. Cada participante estará guiado en todo momento por dous monitores do Club Nautilus formados específicamente para traballar con persoas con necesidades especiais.
A actividade está deseñada para estimular a curiosidade dos participantes. Primeiro coñecerán o equipo empregado nas actividades subacuáticas, logo traballarán a respiración e relaxación, como contrarrestar a presión, mediante a maniobra de Valsalva, e as normas básicas de seguridade con sinais submariñas.
Esta actividade realízase no marco da liña de colaboración entre o Concello de Fene e as asociacións municipais.
Debate sobre el post