FERROL360 | Mércores 15 abril 2015 | 11:11
O Concello de Fene organiza unha marcha de sendeirismo pola Ruta dos Faros, cubrindo o tramo de 22 quilómetros que une Malpica e Niñóns. A cita é este domingo e os interesados deben inscribirse antes deste xoves no departamento municipal de Cultura e Deportes.
Hai un total de 30 prazas e os participantes deberán abonar unha cuota de 10,45 euros para sufragar os gastos de desprazamento ata Malpica. O autobús partirá da praza do Concello ás 08:00 horas e a chegada prevese sobre as 19:00 horas ao mesmo punto. Os participantes deberán levar a comida e aconséllanse roupa e calzado cómodos.
O Concello organizará unha nova ruta de sendeirismo o 9 de maio. Neste caso, entre a costa de Bueu e o cabo Udra. Con dificultade media, serán 18 quilómetros. É precisa inscrición previa e o abono de 10,45 euros. Neste caso, o prazo para anotarse no departamento de Cultura e Deportes conclúe o 7 de maio. Unha e outra marcha forman parte do programa Sendeirismo de Primavera.
