FERROL360 | Vernes 7 de Muño 2024 | 14:35
O luns celébrase o Día Mundial do Modernismo e Ferrol súmase ás cidades que programan actividades para conmemorar esta xornada. Así dende a concellería de Turismo, ao frente a que se atopa Maica García, está prevista unha ruta guiada polo barrio de A Magdalena.
O percorrido permitirá ao público asistente coñecer a impronta do Modernismo,un movemento artístico e urbanístico do que se conservan na nosa cidadenumerosos edificios e do que é referente o que foi arquitecto municipal nos primeiros 40 anos do século XX, Rodolfo Ucha Piñeiro.
A través das principais rúas da cidade os participantes achegaranse a diversos edificios que lles permiterán coñecer o estilo modernista galego e a súa evolución cara ao Novo Eclecticismo, así como a riqueza do noso patrimonio e potencialo como un polo de atracción turística.
Os interesados e participar deberán acudir o luns 10, ás 18.00 horas á praza de Armas de onde sairá o roteiro Ferrol Modernista.
Debate sobre el post