Publicidad

Ferrol conmemora o Día Mundial do Medio Ambiente

FERROL360 | Mércores 5 de junio 2024 | 17:00

Ferrol celebra durante esta xornada o Día Mundial do Medio Ambiente -este ano baixo o lema As nosas terras. O noso futuro- cunha plantación no parque do Montón na que participaron escolares da cidade.

Pequenos de 3º a 6º de primaria do CEIP Ledicia, de 3º e 4º do colexio Lestonnac e de 5º de primeria do colexio La Salle, deixaron a súa pegada no lugar plantando aromáticas e froitos do bosque, co que contribuíron a incrementar a superficie verde. 

Tras a plantación, celebrouse un acto institucional no que participou o concelleiro de Medio Ambiente, José Tomé. Así mesmo, realizouse unha visita guiada polo parque que estivo aberta a toda a cidadanía interesada. 

Cómpre lembrar que o Concello está a traballar en accións que permitan recuperar zonas verdes públicas, tal e como xa se está a facer neste parque a través do obradoiro dual de emprego. Alí, 20 alumnos e alumnas están a restaurar este espazo, co obxecto de poñelo en valor para o seu uso por parte dos veciños e veciñas.