FERROL360 | Miércoles 14 de mayo de 2025 | 8:15
O próximo sábado 17 de maio, a partir das 12 da mañá, o Centro Cívico de Canido acollerá unha xornada festiva para conmemorar as Letras Galegas, con música, picadas de discos e foliada.
Durante toda a xornada, haberá música en directo, picadas de discos, foliada e un xantar para todos os asistentes. A actuación principal correrá a cargo de Zavala, que compartirán escenario coas cantareiras Atalaias de Caión para presentar o seu segundo longo de duración: Pequeno manual para grandes cambios II (Teoría e Práctica) (Ferror Records, 2025).
Un concerto que mestura o orgánico, a electrónica e a música tradicional, creando un cruzamento entre o enxebre e o contemporáneo, cun estilo que combina tradición e vangarda nunha posta en escea chea de forza e innovación.
Despois, disfrutaremos do directo de Ferror DJ’s (Agostinho DJ e Fernando Fernández Rego) e o folk de As Pías, rematando cunha foliada con participación popular, onde música e baile serán protagonistas para celebrar un día moi sinalado na cultura galega.
Como novidade da celebración, sumamos a Edicións Embora, que durante toda a xornada dispoñerá dunha área de exposición e venda das súas novidades e do seu fondo editorial de máis de 300 títulos, en apoio á conmemoración das Letras Galegas na nosa localidade.
Debate sobre el post