FERROL360 | Lues 5 setembro 2016 | 9:16
Éxito de público na terceira edición da Festa infantil Cidade de Narón, que tivo lugar este domingo no Parque fluvial de Freixeiro. Inchables, un circuito de karts a pedais, obradoiros e camas elásticas, formaron parte das actividades desenvolvidas na festa, que fixo as delicias dos peques da casa.
Sen dúbida, un dos maiores atractivos para os máis novos foron os inchables acuáticos, de diferentes tamaños según as idades, e nos que os asistentes teñen que gardar pacientemente cola a determinadas horas para poder subirse, debido á excelente aceptación que rexistran.
A concelleira de Festas, Mar Gómez, asegurou que a convocatoria é todo un éxito. «Desde que comezou a festa están chegando moitas persoas dispostas a pasar un bo día», indicou Gómez, que engadiu que desde o Concello están moi satisfeitos coa resposta da veciñanza.
No evento non faltaron unha xinkana de habilidades, un musical, diferentes atraccións, a actuación dun paiaso, música e a esperada Festa da espuma e da auga. Todas as actividades, así como as atraccións, foron de balde.
Debate sobre el post