Publicidad

Festa, xogos e música en San Mateo para despedir o curso na Semente

FERROL360 | Venres 21 xuño 2019 | 18:45

Este sábado 22 de xuño, na escola Semente Trasancos, en San Mateo (Narón) haberá unha chea de actividades para despedir o curso nun ambiente festivo baixo carpa na sexta edición da Romaría Pequeninha.

Así, desde ás 13:00 horas, está programada unha sesión vermú coa música de Sr. X. Despois, xantar popular a base de gazpacho, paella e sobremesa, tamén con opción vegana.

Ás 16:00 horas comezará o obradoiro de xogos populares a cargo de Xotramu, ás 17:00 horas introdución ao fútbol gaélico con Liga Gallaecia e ás 17:45 horas o momento máis agardado: as actuacións das ‘sementinhas’.

A xornada rematará co concerto de punk infantil con Peter Punk e Brais das Hortas que está programado contra ás 18:00 horas.