FERROL360 | Xoves 3 decembro 2015 | 10:55
A Fundaçom Artábria acolle este sábado un Festival Solidario co obxectivo de que ningún neno quede sen agasallo en Nadal. Así, para poder asistir ao acto haberá que entregar un libro ou xoguetes.
O Festival consistirá nun recital no que participarán Branca Vilela, Miguel Melero, Miguel A. Neira, Ricardo Souto, Iolanda Teixeiro, Karlotti Valle e Óscar de Souto, que tamén será o encargados de coordinar e presentar o acto.
Esta actividade, que arrancará ás 19:00 horas, está organizada polo programa de radio Goleta «Ó Noso Xeito» e colaboran: Fundaçom Artábria , Trecepoemas de Blogaliza, Radio Roncudo Corme, Radio Neria Corcubión e Te lo Regalo Ferrol y Alrededores Grupo.
Precisamente o grupo Te lo Regalo Ferrol y Alrededores será o encargado de recoller e distribuír os agasallos. No caso de que houbera escedentes, entregaríanse a Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol.
Este recital enmárcase no II Recital Internacional Simultáneo que se celebrará o día 17 de decembro en diferentes cidades do mundo. Así, Ferrol será a única cidade que recite o día 5 de decembro e grazas a este adianto contarán coa presenza da ideóloga da cita Branca Vilela.
Debate sobre el post