FERROL360 | Venres 11 outubro 2019 | 9:55
O Pazo da Cultura de Narón acolle este venres a representación do espectáculo No Camiño, da compañía Setestrelo. A cita será a partir das 20.30 horas e ten unha duración aproximada de hora e media.
Trátase dun percorrido polos camiños de Santiago que entran en Galicia, no que se mesturan a fotografía, o vídeo, a presentación teatralizada, o canto e a música. A través desta presentación a compañía Setestrelo aposta por levar ao público a través do Camiño de Santiago dende a súa butaca, poñendo en valor a música galega, tanto de autor como temas compostos para este camiño en concreto.
As entradas teñen un prezo de 5 euros para o público xeral e poderán entrar de balde os menores de 10 anos.
Debate sobre el post