Publicidad

Guadi Galego estrea o sinxelo «inconformismo» con Tanxugueiras

A estrea do novo sinxelo da artista cedeiresa, é un tema conxunto coas Tanxugueiras

FERROL360 | Viernes 7 de febrero de 2025 | 10:40

Guadi Galego e Tanxugueiras estrean hoxe venres 7 de febreiro o seu sinxelo conxunto, titulado «Inconformismo»

Esta colaboración de dúas das maiores figuras da industria musical galega xira ao redor da necesidade de construír un mundo máis xusto e supón un gran impacto para a mesma, cunha mensaxe clara de colaboración entre mulleres fronte á clara tendencia de apropiación masculina do sector.

«Inconformismo» é o resultado dunha longa e estreita relación entre Guadi Galego e Tanxugueiras, que xa quedou patente a través das múltiples colaboracións e encomios que levan sucedendo nos últimos anos.

A máis importante delas tivo lugar sobre o escenario do Coliseum da Coruña, no histórico concerto de Tanxugueiras que reuniu a máis de 9.000 persoas.

A última das citas entre ambas deuse no concerto de Tanxugueiras no festival Revenidas, no que tras a emocionante interpretación de «Que non mo neguen» desfixéronse en loubanzas entre elas. A culminación desta gran amizade é esta canción, un berro de amizade e sororidade que fai calar a unha industria dominada polos homes.

Aquí deixámosvos o novo tema: