FERROL360 | Venres 24 marzo 2017 | 16:47
Este sábado 25 de marzo conememórase o 27 aniversario do pasamento do profesor e historiador ferrolán, Ricardo Carvalho Calero. Para lembrar a súa figura, a Fundaçom Artábria organiza unha homenaxe ao Fillo Predilecto da cidade e o Concello de Ferrol depositará un ramo de flores no camposanto de Boisaca, en Santiago de Compostela, onde repousan os seus restos.
Pola súa banda, Artábria celebrará a homenaxe ao pe das ruínas da súa casa natal en Ferrol Vello. O acto comezará ás 12:30 horas e contará coa poesia de Iolanda Teixeiro, Iolanda Gomis e Xurxo Gago; a música de Manolo Bacalhau e as intervençons de Maurício Castro da da Associaçom de Estudos Galegos -AEG- e Vitor Santalha da Fundaçom Artábria.
A entidade fai un chamamento á participación cidadá neste acto e, sobre todo, á participación da aquelas persoas que nos últimos anos solicitaron o recoñecemento institucional deste ilustre ferrolán.
Debate sobre el post