FERROL360 | Martes 5 marzo 2019 | 21:06
Galegas 8M promove este mércores, coa colaboración da Comisión da Revolta, unha homenaxe ás mulleres que iniciaron a revolta popular de marzo de 1918 en Xuvia.
O acto terá lugar no monumento a estas mulleres en Sedes, desde as 11:30 horas, e ten o propósito de lembrar «a necesidade de conquistar a igualdade real e de cara a convocatoria da folga do 8 de marzo de mulleres».
Unha homenaxe ás mulleres precursoras do feminismo na nosa comarca, que conseguiron que «dimitiran alcaldes, baixaran prezos e se lles recoñeza con orgullo 101 anos despois sen que fiquen no esquecemento a súa loita».


















Debate sobre el post