FERROL360 | Luns 25 marzo 2019 | 21:15
A Fundaçom Artábria cumpriu un ano máis con Carvalho Calero celebrando este domingo unha homenaxe na pouca estrutura que queda en pé da casa natal do profesor en Ferrol Vello.
25 de março, cumprem-se 29 anos do passamento de Dom Ricardo Carvalho Calero, ontem mais um ano a nossa entidade rendiu-lhe homenagem diante da sua casa natal em #Ferrol Velho pic.twitter.com/PAIu960tzt
— Fundaçom Artábria (@FArtabria) 25 de marzo de 2019
Unha xornada chea de lembranza, mais tamén de reivindicación non só dunha figura imprescindíbel na nosa cultura, senón tamén do patrimonio que está en mans do Concello desde hai anos e ningún goberno parece disposto a conservar:
Ontem no início da homenagem a Carvalho Calero quigem destacar 3 cousas:
1.- Remata umha nova legislatura no @FerrolOficial e o governo municipal mantem como os anteriores o deterioro da casa natal de CC. Milhóns esbanjados e umha metafora do que significa Carvalho para algúns. pic.twitter.com/dWXO8636WF
— Bruno Lopes Teixeiro (@BrunoLTeixeiro) 25 de marzo de 2019
A pesar das promessas foi incapaz de iniciar umhas obras que se adiam desde os tempos de Juncal.
2.- Coerência lingüística de Carvalho,pulando polo reintegracionismo segue a ser como manifestava Freixanes há uns dias a principal desculpa para que a RAG mantenha-o no ostracismo
— Bruno Lopes Teixeiro (@BrunoLTeixeiro) 25 de marzo de 2019
3.- O carater antifascista de Carvalho Calero, polo que sufriu repressom e prisom. Exemplo de dignidade a seguir nestes tempos escuros, onde o fascismo agrede impunemente a militantes independentistas nas nossas ruas. Inevitável manifestar mais umha vez a solidariedade com F.M.R.
— Bruno Lopes Teixeiro (@BrunoLTeixeiro) 25 de marzo de 2019
Así mesmo, desde o Concello cumpriron coa ofrenda floral no camposanto de Boisaca, en Compostela, onde está a tumba de Carvalho, que morría un 25 de marzo de 1990.
Aproveitaban desde o Goberno para lembrar que «é unha demanda unánime, antiga e reiterada do Concello de Ferrol e da propia Mancomunidade, á Real Academia Galega para que recoñeza a figura e o inmenso legado de Carvalho Calero, como profesor, filólogo, político, historiador e autor de poesía, prosa, ensaio e obras teatrais, entre outras disciplinas nas que destacou, adicándolle o 17 de Maio, Día das Letras Galegas».