FERROL360 | Venres 6 febreiro 2015 | 14:52
O BNG–Asembleas Abertas en Cabanas elixiu a Iago Varela como o seu candidato ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. Unha cita na que aspiran a desbancar ao Partido Popular do goberno local, segundo indican nun comunicado.
Varela é un candidato xoven, de 28 anos de idade, que cursou estudos de Enxeñaría de Telecomunicacións e está vencellado á comunicación sobre novas tecnoloxías. Estará acompañado nos primeiros postos da lista por Paula González, técnica en prevención de riscos laborais, e Xosé Manuel Golpe, técnico en enerxías renovables.
O candidato asegura estar ilusionado por liderar un proxecto de xente nova que «transformará Cabanas nun concello adaptado aos novos tempos» e no que as persoas serán o centro de todas as decisións. Así, o compromiso social e a transparencia serán os eixos fundamentais do seu programa.
Segundo informan desde a formación, o proceso de Asembleas Abertas impulsado polo BNG de Cabanas non finaliza aquí, continuará traballando para seguir conformando o resto da candidatura e o programa definitivo, que serán dados a coñecer nas vindeiras semanas.
















Debate sobre el post