FERROL360 | Martes 28 maio 2019 | 18:00
José Miguel Varela Lamigueiro, un veciño de As Pontes, iniciou unha petición en Change.org para reclamar a rehabilitación da ponte dos Ferros, tamén coñecida como ponte de García Rodríguez. Unha infraestutura que cruza o río Eume ao final da Rúa Real, no casco histórico.
Con esta iniciativa buscan que a Xunta e o Concello presten atención ao monumento histórico máis importante de As Pontes, segundo indica Varela Lamigueiro. «A historia do Concello non se pode contemplar sen esta ponte do século XV que deu orixe á actual vila de As Pontes, a carón da cal medrou e é a razón principal de que exista hoxe en día», defende a petición.
Segundo o impulsor da proposta a obra arquitectónica está «nun estado lamentable, a vexetación a rodea por todas partes, ademais de sufrir o tráfico diario que circula sobre o monumento e afecta a estructura da ponte». Así, pide a peaonalización da ponte, así como un diagnóstico da estrutura por parte de expertos e unha restauración integral.
Debate sobre el post