Publicidad

Ismael Miján, novo xerente do Museo de Historia Natural de Ferrol

FERROL360 | Venres 2 xaneiro 2014 | 10:56

A Xunta Directiva Xeral da SGHN decidiu que Ismael Miján sexa o xerente do Museo de Historia Natural de Ferrol. Nesta semana Miján configurará o seu equipo de colaboradores e asumirá a tarefa de continuar coa xestión da entidade.

O Museo estaba xestionado por unha comisión e con este nomeamento a Xunta Directiva quere que o sistema de administración teña unha estructura máis próxima á configuración habitual de calqueira instalación destas características.

Ismael Miján é o novo xerente do Museo de Historia Natural de Ferrol
Ismael Miján é o novo xerente do Museo de Historia Natural de Ferrol