Publicidad

Iván Rivas (BNG): «Ferrol xa mola, o que hai é que plantarlle cara aos que non molan»

FERROL360 | Sábado 23 mayo 2015 | 11:19

Iván Rivas á o candidato do BNG-Asembleas Abertas á Alcaldía de Ferrol. Naceu na Pontenova en 1976.

Un libro: 32 Tendencias de cambio de Juan Freire y Antoni Gutiérrez-Rubí.

Un filme: Cabaleiro sen espada.

Unha canción: Matriarcas de Guadi Galego

Unha comida: Calquera que leve queixo

Unha bebida: Un viño Mencía

Unha personaxe: Nabiza Girl

Unha cita famosa: A nosa recompensa atópase no esforzo e non no resultado. Un esforzo total é unha vitoria completa, de Mahatma Gandhi.

Un deporte: Correr

Café ou cervexa? Onde? Os dous, na casa e fóra dela.

Praia ou montaña? Praia

Madruga ou trasnoita? As dúas son correctas

Un curruncho de Ferrol: O piñeiral de Doniños

Apoia á Semana Santa Ferrolá? A Semana Santa é un acto relixioso no que non participo.

O normal en campaña é que se critique aos contrincantes políticos, pero podería dicirnos algo positivo deles? Supoño que como todas as persoas terán as súas virtudes pero non os coñezo o bastante como para valorar a cada quen.

Que fai falla para que Ferrol “mole” de verdade? Ferrol xa mola, o que hai é que plantarlle cara aos que non molan.

Iván Rivas é candidato do BNG-Asembleas Abertas (cedida)
Iván Rivas é candidato do BNG-Asembleas Abertas (cedida)

Publicidad

Banner parque ferrol