FERROL360 | Sábado 23 mayo 2015 | 11:21
Jorge Suárez é candidato á Alcaldía por Ferrol en Común. De familia ferrolana, naceu en Vigo en 1975.
Un libro: El eclipse de la fraternidad, de Antoni Domenech, de non ficción, e todos os relatos de Raymond Carver de ficción
Un filme: Amanece que no es poco, de Jose Luis Cuerda
Unha canción: Moitas! No one knows de QOTSA (Queens of the Stone Age), por exemplo.
Unha comida: Peixe, en todas as súas variantes
Unha bebida: Auga
Un personaxe: Fernando Miramontes
Unha cita famosa: Hacer de la pasión de los de abajo una pasión razonada, apta para que tome cuerpo en otra sociedad, en una sociedad sin clases, sin explotación, sin alienación, de Francisco Fernández Buey
Un deporte: Correr pola noite
Café ou cervexa? Onde? Cervexa, cos compañeiros/as de campaña no Rincón Argentino
Praia ou montaña? Praia ferrolá, San Xurxo
Madruga ou trasnoita? As dúas cousas
Un curruncho de Ferrol: Onde vivo, o Val de Serantes
Apoia á Semana Santa Ferrolá? Creo nunha sociedade laica que respecte as manifestacións relixiosas autofinanciadas dentro da liberdade individual. Apoio ao comercio e hostalería locais e as alternativas culturais, dentro dunha semana importante para o turismo en Ferrol.
O normal en campaña é que se critique aos contrincantes políticos, pero podería dicirnos algo positivo deles?
Iván Rivas: coherencia
Beatriz Sestayo: fortaleza persoal
Jose Manuel Rey: profesional da política
Ana Masafret: humildade
Que fai falla para que Ferrol “mole” de verdade? Aumentar a autoestima de Ferrol a través da cidadanía, con investimentos nas persoas, no emprego, nos servizos sociais, na cultura, na participación, na igualdade. Recuperar o concepto do colectivo fronte ao afán por colgarse medallas dos grandes partidos. Facer rexurdir o concepto de fraternidade
Debate sobre el post