FERROL360 | S?bado 30 novembro 2013 | 10:23
Que nos contar?a Karl Marx se puidese volver ao mundo dos vivos? O seu legado, o marxismo, que durante o s?culo XX inspirou movementos pol?ticos que se estenderon por todo o planeta, ? hoxe unha especie en extinci?n. Marx est? morto. Ou non est? morto?
A resposta a esta inquedante pregunta, acompa?ada dunha extensa reflexi?n filos?fica ag?chase nunha peza teatral baseada na obra do historiador Howard Zinn. Agora ? o actor Pepe Send?n quen a versiona ao galego en formato mon?logo.
Marx no Soho conta a estancia do intelectual alem?n no barrio londinense a onde chegou coa s?a familia logo de ser expulsado de distintos pa?ses. A dif?cil situaci?n que se ve obrigado a vivir na capital brit?nica non lle impediu elaborar o seu tratado de cr?tica da econom?a pol?tica, El Capital.
E se Karl Marx levantara a s?a pensante cabeza e puidera visitar o mundo actual durante unha hora? Aqu? comeza unha obra humor?stica que lle brinda a Marx a ocasi?n de expresar o que pensa, o que viviu e o que non lle deu tempo a vivir, reflexionando sobre as diferenzas e as sorprendentes semellanzas entre a s?a ?poca e o mundo que nos toca vivir hoxe en d?a.
A oportunidade para ver a Karl Marx durar? s? sesenta minutos, dende as 20:30 horas no sal?n de actos do Ateneo Ferrol?n. As entradas custan entre 4 e 6 euros.
