FERROL360 | Mércores 16 maio 2018 | 13:36
FERROL
Mércores 16
En Lea librería-café ás 19:30 horas – Coñecendo a María Victoria Moreno con Aurora Varela.
Xoves 17
No local veciñal de Santa Icía ás 17:30 horas – Lectura da biografía, concierto coral Alecrín de Brión e Santa Uxía de Mandiá, máis a lectura dos poemas musicados a cargo de Alberte e Xoán.
NARÓN
Mércores 16
Na praza da Lectura ás 21:00 horas – A Corral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene; ás 22:00 horas Cuarteto Caramuxo.
Xoves 17
Na praza da Lectura ás 12:00 horas – Concerto Pablo Díaz; ás 17:30 horas Magín Blanco con A Banda das apertas; ás 18:30 horas Circanelo, de Fredy&Cía.
Sábado 19
Na Biblioteca ás 11:00 horas – Contacontos con Caxoto, Unha viaxe mar adiante.
NEDA
Mércores 16
Na Casa da Cultura ás 20:00 horas – Proxeción do documental Reivindicando a María Victoria Moreno de Gonzalo E. Veloso con coloquio final.
SAN SADURNIÑO
Mércores 16
Na Casa da Cultura ás 11:30 horas – Mulleres que contan, María Victoria Moreno e outras.
Xoves 17
Na Casa da Cultura ás 18:30 horas – Concerto e proxeción do documental María Victoria Moreno – Letras Galegas 2018 da Asociación Cultural Millo.
Sábado 19
No local social da Veiga ás 18:30 horas – III Encontro Infantil de Cantares Tradicionais.
FENE
Mércores 16
Na Casa da Cultura ás 18:00 horas – Espectáculo Barbacontos con María Victoria Moreno, a cargo de María Larraitz.
Xoves 17
No local social de Limodre ás 19:30 – Teatro Os mortos de Max Aub e unha queimada popular.
VALDOVIÑO
Xoves 17
Na Casa da Cultura ás 18:00 horas – O amor pola lingua de Sole Felloza e a entrega dos premios do III Concuros de Relato Curto e Debuxo Concello de Valdoviño.
MUGARDOS
Mércores 16
Na OMIX ás 17:00 horas – Tempo de letras… e xogo! un trivial para a mocidade; ás 19:30 horas concerto no Casino Progreso de Franza coa coral mugardesa Estelas do Mar e a Rondalla Mugardesa.
Xoves 17
A asociación cultural Apelón repartirá globos e marcapáxinas desde as 11:30 horas pola vila con acompañamento musical.
MOECHE
Xoves 17
No Castelo ás 11:30 horas – demostración de cestería en vivo; ás 17:00 horas no local social Ventoeiro haberá lectura de textos de María Victoria Moreno e música de Sara Guerrero e Javier Rodríguez.
CERDIDO
Mércores 16
No CEIP A Barqueira ás 12:00 horas – O Mago Benxamín.
ORTIGUEIRA
Mércores 16
No Teatro da Beneficencia ás 20:00 horas – Gala de Poesía e Música; ás 22:00 horas na praza de Isabel II concerto de rock a cargo de Marthirio e Anacoretas en el exilio.
PONTEDEUME
Xoves 17
Nos Xardíns de Lombardeiro – Xogos populares de 11:30 a 13:30 e de 17:00 a 19:30 horas; ás 12:30 horas no concello entrega do Premio Concurso de Contos Vila de POntedeume; ás 13:00 horas na praza Real concerto de Orballo.