FERROL360 | Lunes 3 de marzo de 2025 | 11:55
A artista ferrolá Lidia India segue a innovar cunha nova entrega do seu proxecto musical. O vindeiro 6 de marzo presenta «Ata que corpiño aghuante», un tema explosivo que representa o lume no universo musical do seu novo disco.
Esta canción chega despois de «No mare» e «Aire» pechando o Capítulo primeiro dos «Elementos e Alimentos», esta é a primeira parte dun disco que se irá desvelando por capítulos ao longo do 2025.
Cun ritmo frenético e influencias que van dende o de folk galego ata o kuduro e a electrónica; a canción é un himno á amizade e á liberación a través do baile.
Fala deses días nos que a cabeza non para, a mente estoura e a única solución é xuntarse coas amigas
para soltar todo o que pesa. Producida por Juan de Dios, «Ata que corpiño aghuante» é unha aposta pola fusión entre tradición e modernidade, cunha sonoridade enérxica que convida a bailar dende o primeiro
compás.
A acompañan tamén seus escudeiros habituais, Mauricio Caruso na guitarra eléctrica, César Yáñez nas percusións e Pedro Montilla ao violín. Ademais a canción chega acompañado dun videoclip rodado en Ourense, en espectaculares paisaxes de Esgos e Maceda. A peza, dirixida por Omar Romero, conta coa
dirección de fotografía de Pablo Lourido e a produción de Rodrigo Fernández, a través da
produtora Rare Audiovisual.
Con este novo lanzamento, Lidia India segue consolidándose como unha das voces máis frescas e innovadoras da escena galega, fusionando ritmos e tradición nun proxecto cargado de identidade propia.
Debate sobre el post