ALICIA SEOANE | Lunes 13 de enero de 2025 | 12:35
La semana de Reyes los vecinos de Canido transmitieron a través de sus canales de comunicación una carta a los Reyes Magos que decía lo siguiente:
«Benqueridos Reis Magos:
Somos a veciñanza de Canido que este ano fomos moi bos polo que esperamos que poidades traernos os agasallos que vos pedimos nesta carta. Os agasallos que pedimos non son perfumes, xoguetes ou roupa…non. O que pedimos son cousas para que o noso barrio sexa máis seguro, máis accesible con máis recursos e espazos para a veciñanza e para o tecido asociativo. Para facer un barrio para todos e todas.
Queremos unhas beirarrúas en bo estados, para camiñar por elas, como o caso da Rúa Poeta Pérez Parallé, Navegantes, a mellora da rúa Doutor Fleming, a humanización da rúa Muíño do Vento ou Celso Emilio Ferreiro, así como o acondicionamento do campo da rúa Muíño de Vento e a rúa Lili.
Gustaríanos tamén que a xente de maior idade ou con problemas de mobilidade dos/as nosos/as veciños/as, poida ter a posibilidade de baixar á cidade e logo voltar con facilidade, é dicir poder moverse a través dunhas escaleiras mecánicas que conecten o barrio co centro da cidade.
Polo menos que se faga un estudo da súa viabilidade. Outro agasallo que vos queremos pedir sería que o Concello cumprira o compromiso de adquirir o Edificio de Suboficiais. Compromiso aprobado no pleno e que melloraría o número de recursos e espazos para a convivencia da veciñanza, para compartir e para fortalecer a vida comunitaria.
Por último tamén queríamos que dende o Concello tomen medidas para que no barrio e na cidade as familias poidan acceder á vivenda a prezos alcanzables. É dicir, para todas as familias, especialmente para as máis vulnerables, e que todas teñan garantido este dereito fundamental.
Sabemos que son moitos desexos, pero como o Concello non dotou estes proxectos de cartos, esperamos que vos traiades a Canido boas novas. Entre elas, que o Concello reconsiderou a súa proposta e teña a ben atender algunha das nosas achegas que son moi urxentes. Que revise e axuste o orzamento municipal que permitiría a execución inmediata dalgún destes proxectos ou no caso de non ser posible que se adopten medidas urxente para levar a cabo as nosas peticións.
Xa nos despedimos, así que esperamos con ilusión esta noite e o vindeiro ano, xa que como sabedes fomos moi bos e que nos portamos moi ben.
Unha aperta, benqueridos Reis Magos»
El último comunicado de los vecinos que han hecho llegar a la ciudadanía, fue tras la realización de la Intrabarrial de Canido, donde claramente mencionan su «descontento con la actitud del gobierno municipal respecto a nuestro barrio. No solo se trata de no recibir inversiones reales para las necesidades del barrio, sino que tampoco hemos obtenido respuesta a nuestras peticiones presentadas en persona por Registro».
En ese documento, se presentaron una serie de alegaciones a los presupuestos, en las que solicitaban algunas de las demandas más urgentes: como exigir el cumplimiento de una serie de compromisos adquiridos en el Pleno Municipal (adquisición del Edificio de Suboficiales, estudio sobre vivienda…).
Sin embargo, expresan «ninguna de las demandas respecto a la reparación de aceras, alumbrado, humanización de espacios públicos o estudio de la viabilidad de una escalera mecánica que mejore la movilidad ha sido atendida».
Los vecinos han anunciado el inicio de una serie de acciones reivindicativas, entre ellas la presencia en el pleno de esta tarde a las 19:00 horas, para el que han convocado a toda la vecindad del barrio. «Para que nuestra voz sea escuchada y nuestras demandas atendidas».