FERROL360 | Mércores 17 maio 2017 | 00:00
Luar na Lubre ofrecerá este sábado un concerto no Pazo da Cultura de Narón, con inicio ás 20:00 horas e para o cal as entradas están á venda na web do Padroado da Cultura e na billeteira do recinto. Custan 12 euros para o público en xeral e 8,40 para abonados ao Pazo, menores de 14 anos e desempregados.
A banda presentará no recital temas do seu último traballo discográfico, que serve para celebrar as súas tres décadas de traxectoria. Inclúe unha trintena de cancións, entre as que figuran tres versións doutros tantos temas do emblemático grupo galego.