FERROL360 | Xoves 30 agosto 2018 | 9:38
O Concello de Neda vén de instalar un novo mobiliario nas inmediacións do albergue de peregrinos coa incorporación dunha zona de merenda. Son un total de seis mesas con asentos incorporados e realizadas coa madeira reciclada do paseo marítimo de Xuvia.
Desde o goberno local indican que son recursos pensados para que a xente poida desfrutar duns espazos situados á beira da desembocadura do río Grande de Xuvia. Unha iniciativa que busca mellorar os equipamentos nunha zona que ao longo de todo ano recibe a visitas dos peregrinos que viaxan a Santiago de Compostela polo Camino Inglés.
A instalación das mesas levouse a cabo esta mesma semana e a idea do goberno municipal é completar a iniciativa coa posta en servizo de novas unidades na zona da piscina municipal.
Ruta dos Muíños
Por outra banda, un total de 54 persoas participarán o sábado na ruta dos Muíños promovida polo Concello con motivo da Festa do Pan. A iniciativa consiste unha andaina de catro horas de duración, que sairá ás 10.00 horas do adro da igrexa de Santa María.
Levará aos participantes a coñecer algunhas das construcións fariñeiras que aínda hoxe se conservan ao longo do río Belelle e tamén a visitar A Fervenza. Na viaxe de regreso, os excursionistas serán obsequiados con empanada e doces na cantina da polideportiva do Roxal.
Coa celebración desta ruta dará comezo o programa de actos da festa de exaltación do pan de Neda.
