FERROL360 | Luns 12 novembro 2018 | 00:00
Coma sempre que chega o outono en Galicia celébrase o tradicional magosto, por iso, o Concello de Neda organiza un magosto especial adicado ao colectivo da terceira idade. O evento terá lugar o próximo día 16 de novembro no centro cívico de Neda a partires das 18:00 horas.
Non só castañas, tamén haberá boliños preñados, viño e refrescos amenizado con música nunha convocatoria gratuita e aberta para os maiores residentes en Neda. O resto de interesados deberá abonar unha entrada que custa 5 euros.
As persoas interesadas en disfrutar dun magosto diferente poden retirar as entradas que xa están dispoñibles nas oficinas do Concello. O prazo para coller as entradas remata o vindeiro mércores día 14.
Debate sobre el post