FERROL360 | Mércores 23 setembro 2015 | 9:39
Os amantes dos cans teñen unha cita este domingo no paseo marítimo de Xuvia coa celebración da LXXIV Exposición Monográfica de Pastor Alemán. II Trofeo Cidade de Narón. Unha cita na que participarán máis de 150 cans procedentes de diferentes puntos de Galicia, España e de países como Portugal ou Francia.
A convocatoria, comezará ás 09.30 horas e inclúe unha solta de pombas a cargo da Unión Colombófila Mensaxeiras Mariñas Altas e a celebración da segunda edición do Memorial José Manuel Abad, en recordo deste veciño de Narón falecido hai dous anos e que pertenceu á directiva do Real Ceppa.
Xuíces recoñecidos a nivel internacional, como Lothar Quoll, Cristoph Ludwig e Ignacio Blat, encargaranse de valorar as diferentes características dos cans que participan na exposición. As diferentes puntuacións realizaranse en función da idade dos animais, dende cachorros ata os maiores de 24 meses e valorarán distintas cualidades dos mesmos.