FERROL360 | Sábado 27 setembro 2014 | 19:45
A caravana automobilística convocada polo BNG de Ares contou coa participación de máis de 60 vehículos, segundo afirman desde o partido. A mobilización saiu ás 12:00 horas da Praza da Rega, en Chanteiro, e serviu para reclamar a urxente execución do proxecto da estrada Ares-Chanteiro.
Desde o Bloque lembran que levan 15 anos demandando este proxecto á Deputación de A Coruña e que o pasado ano o organismo provincial destinaba 1’2 millóns de euros para abordar a primeira fase da obra. Por iso, reclaman a súa execución.
Asimesmo, os nacionalistas indican que no pleno do vindeiro martes da Deputación de A Coruña debatirase unha moción sobre este proxecto. No texto, o BNG pide que o organismo provincial axilice a declaración de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para levar a cabo o proxecto.
Tamén insta á Deputación a que licite e consigne a primera fase desta actuación, orzamentada en 1,2 millóns de euros.
Debate sobre el post