Publicidad

Maniños terá un campo de fútbol de herba artificial de última xeración

FERROL360 | Xoves 2 abril 2015 | 15:04

A Deputación da Coruña financiará o campo de fútbol de herba artificial de última xeración de Maniños. Una actuación que ten un coste total de 380.101 euros, que correrá a cargo do ente provincial de forma íntegra.

A actuación contempla a reforma do campo de fútbol de terra de Maniños para convertirlo nun campo de céspede sintético para a práctica de fútbol 11 e 7, que permita o seu uso de forma intensiva e simplifique o seu mantenemento.

Os traballos inclúen a dotación dun sistema de recollida de pluviais do campo, sistema de rego e equipamento con porterías, dous banquillos con capacidade para oito persoas, de aceiro e metacrilato, banderíns de córner flexibles, barandillas e redes recollebalóns.

Tamén se habilitará unha pequena grada descuberta ao fondo do campo. Proximamente, Concello e Deputación asinarán un convenio marco de colaboración para formalizar a aportación da institución provincial. As obras contan cun prazo de execución de tres meses.

O alcalde, Gumersindo Galego, presentará nos vindeiros a última documentación solicitada pola Deputación. Trátase do acordo polo que a asociación O Pote de Maniños, titular do campo de fútbol, cede o seu uso e desfrute ao Concello por espazo de 25 anos. Trámite que xa está cumplimentado e, na actualidade, é susceptible dun informe de Secretaría.

Publicidad

Banner Semana Santa
Banner Semana Santa

Banner Parque Ferrol