FERROL360 | Xoves 5 novembro 2015 | 11:41
Despois de que o xurado do XIX Concurso de Humor gráfico «Curuxa do Humor» decidira deixar deserto o primeiro premio, este venres Manuel Arriaga recibirá o segundo premio á súa obra Que leria de guerra.
O acto terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Fene, ás 20:00 horas, onde o debuxante murciano recibirá da man do alcalde, Juventino Trigo, e da concelleira de Cultura e Ensino, Amalia García, o diploma que o acredita como gañador do segundo premio do certame na súa edición deste ano.
O premio consistirá nunha gratificación económica de 1.500 euros e diploma. O acto de entrega coincidirá coa apertura dunha exposición coas obras presentadas ao certame na súa edición deste ano e coa primeira actuación do ciclo de espectáculos humorísticos «Novembro, Mes do Humor».
Debate sobre el post