FERROL360 | Sábado 6 xuño 2015 | 17:24
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levou a cabo accións para a conservación do río Freixeiro en Narón co obxectivo de evitar o asolagamento nos períodos de choivas abundantes e intensas.
Así, procedeuse a retirar árbores, pólas e outros elementos de madeira que obstaculizaban a canle do río ao seu paso pola zona da Ponte en Xubia. Estas tarefas afectaron a un percorrido total de 480 metros e tiveron un custo aproximado de 8.400 euros.
Tamén retiraronse árbores nun treito de 50 metros que afectaba ao lugar de Cadaval. Neste caso, o custo aproximado é de 2.900 euros. En total, a Xunta investiu 11.300 euros nestas labores, que se realizan a través de Augas de Galicia.