ARY L?PEZ | Domingo 5 xaneiro 2014 | 11:16
Os d?as 5 e 6 de xaneiro son unhas datas moi agardadas polos m?is pequenos e un recordo que pervive na nosa memoria de adulto en forma de ilusi?n por moito tempo.
A tradicional visita das S?as Maxestades chegadas de Oriente deixa cada ano caras de sorpresa e ledicia entre o p?blico infantil. A t?dolos recunchos chegan dende lonxe os tres reis na compa?a dos seus paxes. Deste xeito, a apertada axenda de Melchor, Gaspar e Baltasar levaraos aos diferentes concellos da comarca. Algunhas das vilas onde confirmaron a s?a visita este domingo son as seguintes:
En Nar?n, estar?n na estaci?n de ferrocarril de Xuvia ?s 15:55 horas. Con eles, vir? un rei moi especial e solidario chamado Artab?n.
?s 17:00 horas chegar?n a Cari?o, non sen antes visitar en cabalgata as parroquias dende Landoi ata A Pedra.
?s 17:30 horas ir?n a Fene e dende o aparcadoiro de San Valent?n percorrer?n as r?as ata chegar ? casa consistorial.
A cabalgata en Pontedeume dar? comezo ?s 18:00 horas e sair? en desfile pola vila dende a estaci?n de trens.
A s?a visita a San Sadurni?o est? prevista para as 18:30 horas, onde na praza do Concello ser?n recibidos pola rapazada, que unha hora antes poder? gozar dos xogos populares que al? se desenvolven.
Ser? ?s 19:00 horas cando os tres Reis Magos fagan unha recepci?n na casa do Concello de Valdovi?o.
En Ares, logo de percorrer as r?as principais da vila, por?n fin ao percorrido no pavill?n municipal, onde recibir?n aos m?is pequenos ?s 19:30 horas.
Unha das ?ltimas paradas dos Magos de Oriente ser? en Neda. A partir das 20:00 horas sair?n do colexio p?blico de Maci?eira ata o polideportivo de O Roxal.
En Cerdido, pola contra, a cabalgata dos Reis Magos ser? o d?a 6 ?s 11:00 horas no campo da feira da Barqueira.
Ningu?n dubida dos poderes m?xicos de Melchor, Gaspar e Baltasar, e por iso ser?n capaces de levar alg?n agasallo aos fogares, onde agardan aqueles nenos e nenas que se portaron ben durante todo o ano.
