FERROL360 | Venres 10 xuño 2016 | 17:31
O Concello de Moeche, en colaboración cun grupo de gandeiros do municipio, organiza por primeira vez a Feira do Gando Vacún. Esta feira terá lugar este sábado no recinto feiral de San Ramón e contará coa participación de ganderías con exemplares marcado da ACRUGA, de la Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega.
O obxectivo desta feira, indican desde a administración local, é «recuperar a fortaleza e dinamismo que a feira do gando sempre tivo en Moeche». A celebración do evento conta tamén co colaboración da Deputación da Coruña.
