FERROL360 | Domingo 15 maio 2016 | 9:51
Arrancan este domingo as actividades que o Concello de Moeche preparou para os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas dedicado a Manuel María.
A partir das 18:30 horas terá lugar no castelo modestino un espectáculo a cargo de Pedro Brandariz titulado Os contos da espiña do toxo, unha peza baseada nunha obra do poeta homenaxeado este ano.
A el tamén se lle dedica unha exposición que ten lugar na Casa do Concello baixo o título de Manuel María, a nosa palabra.
Por outra banda, o Consistorio anima á veciñanza a inscribirse nunha excursión que se realizará á casa natal do escritor, en Outeiro de Rei, o vindeiro 12 de xuño, que concluirá cunha visita ao Castro de Viladonga. Os menores de doce anos viaxarán gratis mentres que os adultos deberán pagar 4 euros. As inscricións poden realizarse na Casa do Concello.
O programa complétase coa entrega de exemplares da obra de Manuel María ás aulas do CEIP San Ramón.
Debate sobre el post