FERROL360 | Mércores 25 febreiro 2015 | 11:24
«No amor non todo vale», é o título da nova campaña que a Deputación da Coruña pon en marcha para sensibilizar aos máis xoves sobre a igualdade e contra a violencia de xénero. Na nosa comarca, o programa desenvolverase en Fene, este venres, de 16:00 a 20:00 horas na praza do Concello.
Así, haberá photocalls, monólogos, actuacións musicais, sesións de zumba, mercados solidarios, obradoiros de marionetas ou clases de defensa persoal, entre outros. Todas elas actividades lúdico-educativas enfocadas a fomentar a igualdade de sexos.
Nas actividades, ademais dos propios concellos, participarán tamén asociacións de pais e nais, docentes, o tecido asociativo e público en xeral co obxectivo de que todos colaboren na concienciación e sensibilización nesta materia, fomentando a tolerancia cero con esta lacra social e promovendo estratexias educativas de prevención.
Debate sobre el post