Publicidad

MoveNeda elixe este venres o seu candidato á alcaldía da localidade

FERROL360 | Martes 24 marzo 2015 | 13:09

A Casa da Cultura de Neda será o escenario da asemblea na que MoveNeda aprobará o seu programa electoral e a candidatura para as eleccións municipais. A cita será este venres ás 20:00 horas.

Quen poderán votar? Todas aquelas persoas empadroadas en Neda con data anterior ao 1 de xaneiro do 2015, data na que se pecha o censo electoral que vai rexer nestes comicios.

Así, para poder votar deberán presentar ben o DNI, se nel figura o seu domicilio en Neda, ou o certificado de empadroamento actual.

Desde a organización sinalan que despois de oito asembleas celebradas nas diferentes parroquias e barrios da localidade xa teñen recollido un amplo listado de reivindicacions e suxestións dos veciños e as entidades.

«Temos un retrato da situación na que se atopa o concello tras os oito anos de goberno do señor Cabezón», din nun comunicado.

Asimesmo, sinalan que as propostas e debates fixéronse en positivo porque consideran que é tan importante cambiar as cousas como o xeito de facelo e participar en politica.

«É moi necesario un cambio de obxectivo politico, onde a xestión dos recursos se faga en funcion das necesidades reais dos veciños», indican no comunicado.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol