Publicidad

MOVENEDA elixirá a lista coa que concurrirá ás eleccións o vindeiro 27 de marzo

FERROL360 | Xoves 12 marzo 2015 | 20:14

O vindeiro 27 de marzo o movemento veciñal MOVENEDA celebrará unha asamblea xeral na que elixirá a lista coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio. Desde a entidade animan a aqueles veciños interesados en formar parte da candidatura a participar neste proceso que se celebrará no salón de actos da Casa da Cultura ás 20:30 horas.

Asimesmo, informan que aqueles que desexen ser partícipes da candidatura poden atopar toda a información a través dnos perfís de Facebook e Twitter de MOVENEDA, ou escribindo un correo electrónico a: moveneda@gmail.com.

Nestes intres, o movemento veciñal atópase nun proceso de asembleas abertas polos distintos barrios do municipio recabando información, propostas e solicitando a participación dos veciños para a formación da candidatura. Con esas ideas tamén confeccionará o programa electoral.

Publicidad

Campaña Día del Padre Odeón

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol