FERROL360 | Domingo 1 marzo 2020 | 18:20
Máis de 6.000 personas segundo a Policía Local e unhas 8.000 segundo as cifras que manexa a organización movilizáronse este domingo en Verín para conmemorar o 8M galego coordinadas pola plataforma Galegas8M que suma os movementos feministas de todo o país.
Poñendo o foco nos coidados, pero tamén nas loitas das mulleres do rural, Galegas8M calificou de moi exitosa a manifestación, que contou cunha grande presencia de mulleres das comarcas organizadas dende hai semanas para acudir á convocatoria masiva.
Baixo o lema Sen coidados non hai vida, as feministas fixeron fincapé nestes traballos realizados maioritariamente por mulleres, moitas das veces sen recoñecemento ningún e de xeito invisible. O vindeiro domingo, Día Internacional da Muller, as convocatorias trasládanse ás cidades e vilas. Na contorna a cita será en Ferrol ás 12:00 horas.