Publicidad

Narón abre o luns o prazo de inscrición para o Habilita II 2014 de formación para desempregados

FERROL360 | Sábado 27 setembro 2014 | 11:41

O Concello de Narón abre o luns 29 de setembro o prazo de inscrición para as accións formativas do programa «Habilita II 2014», dirixido a veciños do municipio en situación de desemprego e que sexan maiores de 18 anos de idade.

As instancias poderán recollerse e presentarse cubertas no Rexistro Xeral do Concello en horario de mañá e ata o vindeiro 4 de outubro. Deberán vir acompañadas das fotocopias cotexadas da Tarxeta de Demandante de Emprego e NIF, ou similar.

A selección do alumnado realizarase por rigurosa orde de inscrición, agás o curso de Aerografía, que será necesario ademais a realización dunha proba para ser admitido, e nas instancias poderase indicar a orde de preferencia das accións formativas. Así, nesta segunda edición do programa municipal Habilita 2014 ofértanse tres cursos de formación, que son os seguintes:

Prevención de riscos laborais. Este curso desenvolverase no Centro Municipal de Formación «Irmáns Froilaz», en A Gándara, e conta con 20 prazas dispoñibles e 60 horas de formación. O horario será de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. Haberá duas quendas: do 13 ó 28 de outubro, e do 29 de outubro ó 13 de novembro.

Hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos. Tamén se desenvolverá no Centro Municipal de Formación «Irmáns Froilaz», en A Gándara, e conta con 20 horas dispoñibles e 6 horas de formación. O horario será de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas. Haberá duas quendas: o 20 de novembro, e o 21 de novembro.

Aerografía. Este curso desenvolverase na Escola de Artes e Oficios «Avatar», no Polígono de Río do Pozo. Conta con 10 prazas dispoñibles e 60 horas de formación, en horario de luns a venres, de 10:30 a 13:30 horas. Terá lugar do 13 de outubro ó 7 de novembro.

Para máis información, pódese contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, no teléfono 981.337.700, extensións 2602, 1123 ou 1107.