FERROL360 | Domingo 9 septiembre 2018 | 12:50
A partires do vindeiro luns 10 de setembro é posible realizar a matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura e na Escola de Música Moderna do Concello de Narón. Ademais da oferta das escolas tradicionais, de bailes de salón, artísticas e de formación de actoral súmase a oferta da Escola de Música Moderna a cargo da Asociación Cultural Musical Sementeira.
As Escolas de Danza tradicional, Gaita, Acordeón, Percusión, Canto e Pandeireta, Zanfona, Construción de instrumentos, O Recuncho dos pequechos, Debuxo e os Obradoiros de Teatro (infantil, xuvenil e adulto) teñen un custo de 63,10 euros por curso.
Para a modalidade de Bailes de Salón a matrícula ten un prezo de 31,60 euros e a cota mensual é de 15 euros. Na Escola de Formación de Actores e Actrices o primeiro curso e o Practicum tamén custan 63,10 euros por curso, se ben o segundo e terceiro curso custan 208 euros cada un.
A través da Escola de Música da Asociación Cultural Musical Sementeira pódese optar por clases de Música e Movemento, Linguaxe musical, Harmonía e Instrumentos (frauta traveseira, óboe, clarinete, saxofón, fagot, trompeta, trombón, bombardino, tuba, violonchelo, contrabaixo e percusión).
Todas as inscricións deben realizarse nas oficinas do Pazo da Cultura ata o vindeiro 5 de outubro en horario de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas.
As datas de inicio e remate do curso son o vindeiro 15 de outubro ata o 8 de xuño de 2019. Para consultar toda a información ao respecto das Escolas Culturais Municipais pódese acceder no seguinte enlace.
Escola de Música Moderna
A maiores da oferta do Padroado da Cultura tamén están dispoñibles o vindeiro luns día 10 e ata esgotar prazas a posibilidade de anotarse na Escola de Música Moderna, na Casa da Mocidade en A Gándara. Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos e empadroados en Narón poderán elixir entre clases de guitarra, batería e piano.
O horario das Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade ten un horario de luns a sábados en determinadas horas e un máximo de tres horas á semana. As Aulas de Ensaio poden solicitalas grupos de música que teñan polo menos un membro empadroado en Narón.
As inscricións poden tramitarse a través do Rexistro Xeral do Concello ou da Sede Electrónica a través do seguinte enlace no que tamén pódese consultar toda a información.
Debate sobre el post