FERROL360 | Jueves 24 septiembre 2015 | 10:34
Xa está aberto o prazo de inscrición para a instalación de postos de produtos artesáns na XV edición da Feira do Mel e dos Produtos ecolóxicos e artesáns, que se celebrará os días 10 e 11 de outubro no recinto feiral do Trece, na parroquia de Sedes.
Os interesados en participar deben inscribirse no correo electrónico: s.padin@naron.es ou chamando ao número de teléfono 981.337.700 (ext. 1075). A concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, anunciou que non se cobrarán taxas aos responsables dos postos de venta nesta convocatoria.
Gómez asegura que esta feira é «unha cita idónea para degustar e mercar mel elaborada nesta comarca e ofrece unha oportunidade a todos aqueles artesáns que traballan en diferentes sectores, sexan ou non emprendedores, que queiran amosar e dar saída ás súas producións».
Debate sobre el post