Publicidad

Narón acollerá unhas xornadas de novas tecnoloxías destinadas a empresas turísticas

FERROL360 | Martes 22 setembro 2015 | 10:23

As xornadas sobre novas tecnoloxías adicadas ás empresas turísticas da comarca de Ferrol servirán para analizar a presenza en Internet e nas redes sociais dos negocios participantes. Ademais, abordaranse asuntos como a importancia dunha imaxe homoxénea do negocio, a adpatación das páxinas web a móbiles e tablets e as plataformas de promoción dos negocios.

Os participantes coñecerán os beneficios das TIC´s; as alternativas á hora de decidir en que opcións investir recursos e tempo e os erros máis habituais e as fórmulas para corrixilos. O obxectivo é subliñar a importancia das TIC´s e dotar aos empresarios dos coñecementos necesarios para buscar proveedores destes servizos e axudalos a recoñecer a proposta máis beneficiosa para o seu negocio.

A convocatoria terá lugar este mércores no Centro de Negocios Arena 76, entre as 17.00 e as 21.30 horas. A participación neste acto é gratuíta, sendo preciso confirmar asistencia a través do mail: coordinacion@turismoferrolterra.es ou chamando ao número de teléfono 698 181 717.

A concelleira de Novas Tecnoloxías de Narón, Natalia Hermida, anima aos empresarios e empresarias do sector a participar nestas xornadas «debido á importancia que teñen as novas tecnoloxías na actualidade para o posicionamento das diferentes compañías».

Esta accion formativa enmárcase no Plan de Turismo de Ferrolterra, que conta coa colaboración da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e a Axencia de Turismo de Galicia. As xornadas celebraranse tamén nas comarcas de Eume e Ortegal.