FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 14:54
A Praza de Galicia acolle esta fin de semana a primeira edición da Concentración de Food Trucks de Ferrolterra. Esta cita reunirá a cinco restaurantes móbiles con propostas de cociña galega, fusión tex-mex, fusión asiática e repostería, este sábado e domingo, en horario de 11.00 a 23.00 horas.
Comecamiños food truck é un dos vehículos que, procedentes de Ourense, ofrecerá hamburguesas elaboradas con carne de boi galego, tenreira cachena e porco ibérico, entre outros alimentos, como arroz con leite artesán.
Outro dos restaurantes móbiles que participa nesta convocatoria é Tacos del Rey, de Asturias, con comida tex-mex condimentada con sabores fortes, saborosas e picantes salsas típicas de platos mexicanos.
A oferta complétana Arros i Tartana, de Valencia, cunha proposta de arroces e comida típicos desa Comunidade e, Catuxa, unha modalidade de fusión asiática. No apartado de postres, Madalenasdecolores, que tamén desde Asturias participará nesta concentración con cupcakes, cookies, brownies e moitos outros doces.
Xa o domingo, tamén na praza de Galicia, os nenos poderán coñecer aos Minions. Desde as 12.00 e ata as 14.00 horas, poderán sacarse fotos con estes bichiños.
Debate sobre el post