Publicidad

Narón e a UDC asinan un convenio para o financiamento do servizo de transporte universitario

FERROL360 | Martes 16 setembro 2014 | 20:00

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Reitor da Universidade de A Coruña, Xose Luis Armesto, asinaron este martes un convenio de colaboración que permitirá o financiamento do transporte universitario dos veciños do municipio aos Campus de A Coruña para os cursos 2014/2015 e 2015/2016.

As axudas para o pago bono bus de transporte universitario chegarán ó 50 % do importe do billete, que será cofinanciado polo Concello de Narón, que aportará o 20 % e a UDC, o 30 % restante. Así, o gober local reserva para estes dous cursos académicos un total de 37.960 euros para este fin.

Logo de asinar o acordo, o Reitor da UDC destacou a contribución que estase a facer por parte da universidade «para o acceso á educación superior por parte dos veciños de Narón, en igualdade de oportunidades que o resto», comentou José Luis Armesto.

Pola súa banda, o alcalde lembrou que «Narón sempre se involucrou na educación dos veciños, e todo o que podamos aportar neste campo sempre o imos a facer». Neste senso, Blanco afirmou que «non debería haber impedimentos para que a xente poida acceder á educación, dende a Primaria ata a Universidade».

Blanco e Armesto estiveron acompañados pola Vicerreitora do Campus de Ferrol, Araceli Torres, e a Concelleira de Ensino de Narón, Mª del Carmen Espada.

Armesto e Blanco durante a sinatura do convenio (foto: Concello de Narón)
Armesto e Blanco durante a sinatura do convenio (foto: Concello de Narón)