FERROL360 | Domingo 8 xaneiro 2017 | 14:48
As dúas últimas cestas sorteadas no marco da campaña «Comercio de Narón, en Nadal e sempre», foron para Esperanza Rodríguez Rodríguez e Juan Gómez Buyo. Os sorteos realizáronse nos establecementos Temadi e Woonka, respectivamente.
A maiores das catro cestas con produtos de Nadal xa sorteadas, esta proposta estaba dirixida aos pequenos establecementos locais co obxectivo de fomentar as compras nos mesmos. Ademais, inclúe o sorteo, o vindeiro día 11 de xaneiro, de dous vales por importe de 500 euros cada un e outros dous de 300 euros.
Participará no mesmo a clientela que adquiriu produtos nas últimas semanas nalgún dos 135 establecementos comerciais da localidade adheridos á campaña, onde se lles entregaba unha papeleta para cubrir cos seus datos persoais e depositar nunhas urnas.
As catro persoas que resulten gañadoras destes vales recibiranos o vindeiro día 11 no transcurso dun acto que se convocará no Concello de Narón e deberán gastalos os días 16 e 17 deste mes –estableceranse dúas quendas- nun mínimo de tres comercios locais adheridos a esta iniciativa.
As persoas interesadas en consultar os establecementos participantes poden facelo a través da páxina web da Asociación de Comerciantes de Narón.
Debate sobre el post