Publicidad

Nar?n estrea libro sobre a literatura oral popular

FERROL360 | Xoves 28 novembro 2013 | 18:56

Recoller, difundir e reelaborar aspectos do noso patrimonio cultural galego?foi o obxectivo que levou ao Concello de Nar?n por medio do Servizo de Normalizaci?n Ling??stica a sacar ? luz a publicaci?n O nobelo do tempo en Nar?n.

A trav?s de adivi?as, panxoli?as, nanas, contos ou refr?ns qu?rese amosar ? xente m?is nova a nosa literatura oral popular.

Dende os meses de marzo a setembro, grazas ao traballo de varios colectivos, foi posible realizar unha colleita do tesouro oral da nosa lingua. Algunhas das persoas que levaron a cabo este proxecto foron membros da Asociaci?n Cultural Areosa (Pi?eiros), a AVV da G?ndara ou maiores que acudiron aos obradoiros de memoria das parroquias naronesas.

O resultado publicouse no blog O nobelo do tempo en Nar?n. Ademais, 150 exemplares deste libro editado polo Concello de Nar?n poder?n consultarse na Biblioteca Municipal do Alto ou nos centros de ensino do municipio. Iso si, non estar? ? venda.

O alcalde de Nar?n, Jos? Manuel Blanco, no acto de presentaci?n do libro este xoves, sinalou a importancia de ?recuperar as historias dun pobo como algo fundamental para perpetuar a cultura propia?.

O alcalde de Nar?n presentaba este xoves o libro ante algunhas das persoas que fixeron posible a s?a elaboraci?n (foto: Concello de Nar?n)
O alcalde de Nar?n presentaba este xoves o libro ante algunhas das persoas que fixeron posible a s?a elaboraci?n (foto: Concello de Nar?n)